jeudi 26 décembre 2013

Biographie

Chámome Sara González Baamonde e nacín no ano 1993 no hospital Xeral de Vigo. Dende que nacín, e ata os sete anos vivín na Travesía de Vigo e falei sempre en castelán. Sinceramente non recordo falar galego, aínda que non sei se na escola o falaría.
Cando tiña sete anos mudeime a Fuerteventura, Canarias. Alí falei sempre castelán xa que os meus pais nunca me falaron en galego, aínda que hai que dicir que co paso de tempo acabei incluíndo na miña xerga habitual vocablos propios das Illas Canarias.

  • A miña experiencia na escola
No pobo no que vivía había só dúas escolas: nunha, no ultimo ciclo de Educación Primaria, impartíase como segunda lingua o francés; na outra, o alemán. A escola á que eu ía era a que impartía francés, polo que en quinto e en sexto, introducinme na lingua francesa.
Ó chegar ó instituto, en primeiro e mais en segundo da ESO podíase escoller como segunda lingua estranxeira o francés ou o alemán. Como xa tivera francés na escola, decidín escoller os dous anos esta lingua, polo que na miña vida estudei alemán.

  • Contacto coas linguas estranxeiras
Gustábanme moito as dúas linguas estranxeiras que estudara no instituto, tanto o inglés como o francés. Sacaba moi boas notas e os meus pais dixéronme que se seguía así, ao terminar segundo da ESO regalaríanme unha viaxe ou a Londres ou a Francia. Como a tía da miña nai viviu en Londres dende os vinte anos, miña nai díxome que fora a Londres, con ela e así poderíame facer de guía e me ensinaría a cidade. E así foi, funme de viaxe  a Londres dúas semanas, en xullo do ano 2007.
 A viaxe foi moi interesante e paseino moi ben, pero menos mal que estaba miña tía comigo, porque a xente alí falaba moi rápido e non entendía moito. Foi unha experiencia que me gustaría repetir noutros países xa que unha cosa é estudar a lingua e outra moi diferente pasar alí un tempo e ver como a falan os nativos realmente e como é a vida neses países.
Volvín a Fuerteventura e como  á miña tia tamén gustoulle moito a viaxe, decidimos repetilo ao ano seguinte pero en Roma, e alí fomos as dúas, esta vez sen coñecer nada, nin da cidade nin do idioma. Aínda así, como a miña tia falaba moi ben o inglés sempre que preguntabamos e contestábannos en italiano, a miña tia faláballes na lingua inglesa e xa non había problema.
É unha experiencia que quero volver a repetir, iso de estar nun sitio que non coñeces e do que non tes moita idea da lingua pode ser frustrante, pero aínda que non falaramos a mesma lingua, sempre conseguiamos obter a información que precisabamos.

  • Regreso a miña cidade de orixe e estudos na Universidade
Ó terminar o bacharelato tiña que continuar os meus estudos fóra da illa na que vivía, xa que alí non hai universidade. Polo que, tanto os meus pais coma eu, decidimos volver a Galicia para que eu seguira estudando. Para min, foi moi duro deixar atrás as miñas amigas, o sitio ao que estaba acostumada a vivir... en definitiva, a miña vida, pero non había máis remedio.
Unha vez que regresei a Vigo, comecei os meus estudos de Educación Infantil na Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Iso implicou que volvera a ter contacto co galego, lingua que non falaba nin escoitaba dende que tiña oito anos.
No segundo cuadrimestre do primeiro curso tiven a materia de lingua galega e custoume un pouco, pero coa axuda da profesora, das miñas compañeiras de clase e de ter oído no primeiro cuadrimestre ós profesores falar en galego, conseguín aprobala.
 No segundo curso tiven que escoller unha lingua estranxeira, ou inglés ou francés, e decidín escoller a lingua francesa, que non a daba dende segundo da ESO. Esa materia non foi difícil aprobala xa que o profesor falaba sempre en francés, non pedía un nivel demasiado alto e se facías as tarefas e os exercicios que el mandaba, aprobábase sen problema.
  No terceiro curso, que é o ano no que agora mesmo me atopo, tamén volvín a escoller francés, xa que me gustou o ano pasado e así melloro o meu nivel nesta lingua.

  • Plans de futuro
A verdade é que me gustaría obter o título do nivel B2 de inglés e o A2 de francés na escola de idiomas xa que e moi importante saber idiomas e sobre todo á hora de obter un traballo hai centros que iso o teñen moi en conta.

E ata agora, podo resumir desta maneira, os grandes acontecementos da miña vida referidos ás linguas coas que tiven contacto.


  

lundi 23 décembre 2013

Classes en cours B

Como reflexión xeral das horas B, teño que dicir que aínda que as veces as clases facíanseme algo pesadas (por ter que volver a explicar os pasos de cómo facer a tarefa para facer o exemplo na clase), axudáronme moito para facer as miñas tarefas porque non é o mesmo ver unha explicación que ver un exemplo e escoitar as aclaracións mentres se fai. Ademais, explicar as tarefas en clase fai que as dúbidas pódanse preguntar no momento, e que estas non xurdan na miña sen tela ocasión de resolvelas.

samedi 21 décembre 2013

Classes 3 et 10 décembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nestas dúas clases traballamos co prezi “A avaliación en cursos de lingua estranxeira” que serviunos para facer a última tarefa. Temos que ter en conta os tipos de avaliación (auto-avaliación, co-avaliación e hetero-avaliación entre outros), os criterios de avaliación (dependen dos obxectivos e das estratexias empregadas.), e as ferramentas de avaliación (Cuestionario de resposta múltiple, cuestionario de resposta aberta curta, exercicios de emparellas, etc), así como a validez a fiabilidade e a factibilidade da mesma.
A avaliación pode ser inicial, formativa ou sumativa (final) e ademais existen tipos de avaliación que os nomeados anteriormente:
-          Cualitativa y cuantitativa
-          Coñecementos vs capacidades
-          Directa vs indirecta
-          Subxectiva vs obxectiva
-          Holística vs analítica

Para avaliar la expresión oral ou a expresión escrita (que é o que temos que facer na última tarefa) podemos empregar unha lista de control, unha rúbrica, folla de observación, etc.

·         Opinion personnelle
Dende o meu punto de vista é moi importante coñecer os tipos de avaliación así como as súas ferramentas, e non só para avaliar en lingua estranxeira senón en xeral. En moi poucas materias falárannos disto e o día de mañá e algo que imos ter que facer. Ademais, isto serviume para facer a última tarefa xa que na clase limitamos os criterios a cinco por actividade.




vendredi 13 décembre 2013

Tâche 5. Évaluer


Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:

Évaluation pour la production/expression oral
Como a actividade que imos a avaliar é unha canción, levarase a cabo unha avaliación heteroxénea de forma indirecta, gravando ao alumnado en vídeo. No mesmo día cantaremos a canción cinco ou máis veces para poder gravar a todos os nenos e nenas. A canción é a seguinte:

(Se hubera algún problema co vídeo o enlace é o seguinte: http://www.youtube.com/watch?v=6vEJrYlaMW8 )

Aujourd'hui, nous allons enregistrer chantant sur vidéo la chanson: Je suis poli. Nous allons enregistrer dans groupes de cinq personnes”.


Gravaremos ao alumnado en grupos de 5 para poder observar mellor aos nenos e cubriremos a seguinte escala de estimación para cada un deles fóra do horario lectivo:

















Temps: 1 hora.
Ressources: Cámara de vídeo e 24 escalas de estimación.
Sources: Elaboración propia de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.

Évaluation pour le expression écrite
Na actividade de expresión escrita os nenos e nenas tiveron que facer un debuxo e decorar a folla que a profesora repartiralles. Mentres os nenos facían a actividade a mestra iría pasando polas mesas para axudalos e para ver como o fan e tomará as notas necesarias.

Como é moi relativo saber se o que debuxou o alumnado garda relación cos aniversarios, faremos unha asemblea e pediremos a cada neno que saia, ensine o seu debuxo e explique as razóns polas cales o fixo.

“Maintenant, nous ferons une assemblée. Un par un, vous devez expliquer votre dessin”.

Mentres cada neno explica o seu debuxo, a profesora levará a cabo de forma directa unha avaliación heteroxénea mediante a seguinte lista de control:

























Temps: 45 minutos.
Ressources: Notas tomadas durante a realización dos debuxos, os propios debuxos e 24 listas de control.
Sources: Elaboración propia de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.

Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das explicacións das clases. Ademais noutras materias falaramos dos instrumentos de avaliación polo que me serviu para escoller cales eran os que ía empregar. Cando xa estaban rematadas as dúas avaliacións, repaseinas para comprobar que non tiña fallos.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
 A maior dificultade que tiven foi a elección dos criterios de avaliación para cada actividade. Non sabía moi ben que avaliar xa que me parece moi complicado pensar ítems para avaliar obxectivamente, aínda que así é como o deberiamos facer.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1.                   Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
6.                   Ser capaz de levar a cabo distintos tipos de avaliación.

Esta tarefa ten como base ditas competencias, xa que o que tivemos que facer é avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe. Para isto, podiamos facer uso dos distintos tipos de avaliación que hai, os cales foron explicados polo profesor nunha clase.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Paréceme moi complicado ter que pensar en como avaliar unha actividade, pero é algo necesario xa que o día de mañá terémolo que facer.

samedi 30 novembre 2013

Activité tâche 4

Como actividade complementaria da tarefa catro, despois de ver o vídeo da canción “Je suis poli” e de que os nenos a canten, repartiremos o azar entre eles unhas follas como as seguintes para que traballen a motricidade fina e para que as decoren ao seu gusto.


As follas son as seguintes:




Classe 26 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase estivemos traballando co prezi “La expresión escrita” onde aclaramos que  é a expresión escrita e que segundo a lei, os nenos non empezan a escribir ata Educación Primaria. Fixemos un recorridos pos distintos niveis do CERCL e o que corresponde facer en referencia a escritura segundo cada nivel. Hai que ter en conta tres regras: a regra de progresión, regra da isotopía e regra de coherencia e cohesión semántica. Tamén vimos algúns tipos de actividades e o mestre levou ó aula algúns libros de Primaria e un libro de Infantil para asociar as letras con formas coñecidas.

·         Opinion personnelle
Un dos libros que levou o mestre ó aula inspiroume para facer a actividade 4. Ademais, nunca pensara en iso de que temos que aprender a disociar letra e son xa que unha grafía non é unha transcrición fonética, iso de que escribimos como falamos é un mito.
Por último vimos un pouco como é o chinés na seguinte páxina: http://chineasy.org/
Dende o meu punto de vista é unha lingua complicada de aprender.





Classe 19 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Na clase do día 19 comezamos a traballar co prezi “Produción oral”, onde temos que aclarar que a expresión oral pode ser produción ou interacción. Producir oralmente esixe a capacidade de comprensión de quen escoita.
Despois pasamos a ver actividades das dimensións da expresión oral: produción e interacción. Logo centrámonos na tarefa catro (como organizar o espazo, que dicirlle ó alumnado, etc) que é coa que garda relación este prezi e mais concretamente en programas para facer música, para facer cancións.
Por último, tratamos os elementos de la produción oral: ideas, estruturación, linguaxe, linguaxe non verbal (que non é igual en todos os países: vimos un exemplo dun xesto que se fai en Francia), voz, pausas, silencios, esperas, etc.

·         Opinion personnelle
Con este prezi deime conta de que na terceira tarefa, aínda que eu pensaba que estaba facendo un xogo de rol, fixen un «canevas» como actividade de avaliación. Ademais, dedicamos bastante tempo a explicacións das cancións e foi por iso polo que decidín facer una canción para a seguinte tarefa, a catro.




Classe 12 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase traballamos co prezi “Comprensión escrita” no que como introdución falamos do que é e dos seus obxectivos. Tratamos tamén os distintos soportes que poden utilizarse, dos tipos e dos aspectos que termos que ter en conta. Fixemos un inciso na clase e falamos do que se pode transmitir de maneira implícita e o mellor exemplo é o seguinte vídeo:



Despois seguimos falando do carácter didáctico da comprensión escrita, como debe ser a lectura, a organización, etc. e vimos uns exemplos de tipos de exercicios que podían facerse en relación con este tema.

·         Opinion personnelle
Este prezi ten moita relación co da clase anterior, xa que os dous servíronme para facer a terceira tarefa e déronme moitas ideas, pero me houbera gustado que ademais de ver exercicios propios de Educación Infantil o prezi estivera centrado en esta etapa, xa que tanto en esta materia como en outras, os contidos céntranse en Educación Primaria e o final fanse aclaracións de como adaptalo.





Classe 5 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase estivemos traballando co prezi “Comprensión oral”. Como introdución o prezi destacamos que o importante non é entender tódalas palabras dun texto, seno comprender o seu significado en conxunto e que o contexto é moi importante. As características do alumno son: os seus coñecementos e as súas experiencias pasadas, a competencia lingüística (o documento ten que estar adaptado o nivel do lector), la atención e la afectividade. Por outro lado, as características do documento son: o fluxo (a duración non é recomendable que supere os 3 minutos), las pausas, la fonética, o nivel de dificultade, e o uso de documentos auténticos ou pedagóxicos.

Os soportes visuais que se utilicen poden estar en movemento ou fixos. Isto é moi importante na idade infantil xa que os nenos aprenden mellor coas imaxes.

Temos que ter en conta as etapas da comprensión oral (pre-escoita, escoita e despois da escoita) e as estratexias de escoita (analítica, sintética ou crítica).


·         Opinion personnelle
Este prezi mais as aclaracións que fixemos na clase, servíronme para facer a terceira tarefa da materia. Houbo moitas cosas da comprensión oral das que non era consciente, e é moi importante ter claro cosas como as que tratamos na clase xa que o día de mañá imos traballar con nenos.





vendredi 29 novembre 2013

Tâche 4. Aider à produire

Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:

Xustificación: Na miña tarefa dous non nomeei nada de cancións xa que non tiña pensando facelas, pero como unha das miñas actividades de avaliación da tarefa dúas era un “canevas” e non se podía repetir, decanteime por introducir unha canción.

Activité pour la production/expression oral
Unha boa forma de que os nenos e nenas na idade infantil aprendan vocabulario é a través das cancións. Por iso, como actividade de produción oral,  a profesora ensinaralle ao alumnado a seguinte canción:
Aujourd'hui, nous allons apprendre cette chanson”

(Se non se puidera ver o vídeo por calquer fallo, o enlace é o seguinte:

No vídeo incluín a letra da canción porque os nenos teñen 5 anos e así fomento o acercamento á lectura. Por iso o vocabulario que quero traballar aparece con letras maiúsculas).

Unha vez que o alumnado vexa o vídeo, a profesora irá dicindo unha frase e facendo os xestos e os nenos e nenas repetirana para facilitar a aprendizaxe da canción.
“Maintenant, je dire une phrase et vous répétez cette phrase, d'accord ?”

Temps: 15 minutos.
Ressources: Ordenador con conexión a internet.
Sources: A letra da canción e o vídeo foron creados por min.


Activité pour le expression écrite
Antes de comezar coa actividade, a profesora porá no proxector a seguinte imaxe e lle fará aos nenos e nenas as seguintes preguntas:


 

Despois e para traballar a psicomotricidade fina, a profesora repartiralle ao alumnado a seguinte folla, que os nenos terán que decorar e facer debuxos nela.
“Maintenant, nous allons revoir les lettres “Joyeux anniversaire” et nous allons décorer cette carte de vœux”.
  




Temps: 15 minutos
Ressources: Ordenador con conexión a internet e 24 follas para decorar.
Sources: Todo o material foi elaborado por min; a tarxeta de felicitación co programa photoscape e a folla para decorar os nenos fíxena a man.


Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das explicacións da clase, xa que nunha delas o profesor falou da importancia das cancións e decidín escoller unha canción como actividade de produción. Unha vez que a fixen, reviseina e pasei a realizar a segunda. Cando xa estaban listas as dúas tarefas, repaseinas para comprobar que non tiñan fallos.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
 A maior dificultade que tiven foi a elección e a creación das tarefas, xa que non é fácil pensar nas actividades e despois ter que elaborar o material. Aínda así, esta vez non foi tan complicado elaborar os materias xa que tiña a experiencia da outra tarefa.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
Esta tarefa ten como base dita competencia, xa que o que tivemos que facer é deseñar e planificar procesos de ensinanza aprendizaxe de forma individual. Con esta tarefa e mais coa anterior, aprendín moito de deseño e planificación.
2. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado.
A primeira parte da competencia xa o teriamos que facer unha vez que se levaran a cabo as actividades na aula. Pero por outro lado, é bo ir adquirindo destrezas como aprender a facer vídeos ou buscar actividades para levalas a cabo na aula.

8. Identificar os tipos de actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) no ámbito persoal.
Xunto coa outra tarefa, aprendín a diferenciar entre actividades de comprensión oral e de expresión oral. Ademais, esta competencia ten moita relación coa catro: “Diferenciar entre as actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1 do Marco Europeo Común de Referencia para a Aprendizaxe das Linguas (MECR)”.

Quel est ton avis général sur la tâche?

En xeral, paréceme que é unha boa tarefa. Imos ser mestras e mestres, polo que temos que ser capaces de deseñar ou buscar actividades para o noso alumnado.