·
Résumé et éclaircissements
Nestas dúas clases traballamos co prezi “Variables dans la
situation d 'enseignement d'une
langue étrangère”, onde as situacións de ensino dividíanse en aprendizaxe precoz dunha lingua estranxeira
(Desde o ano 2007 é obrigatorio ensinar inglés a partir dos 3 anos dúas veces
por semana), español como lingua estranxeira (para os nenos que veñen de fóra) e
ensino dunha materia integrada a una lingua estranxeira (EMILE/AICLE/CLIL, o
que se fai nun 33%).
As variables son as características dos nenos, as
características do establecemento e os obxectivos.
-
Características do aprendiz: idade e lingua inicial.
Idade
Aclaramos que a idade é un dos
factores máis importantes que inflúen á hora de aprender unha lingua e que a
idade ideal para entrar en contacto cunha lingua estranxeira é durante o
primeiro ano de vida, sendo entre os 7 e os 9 anos unha idade crítica.
Lingua inicial
Neste apartado falamos to tipo
de lingua segundo a súa estrutura:aglutinantes (alemán, latín, ruso) ou
analíticas (francés, español), do concepto de interlingua y do concepto de
error (non se deben estigmatizar para non prexudicar o desenrolo dos nenos nin
fomentar o seu medo a equivocarse).
-
Características do establecemento: tipo de centro
(públicos, concertados ou privados, segundo o tipo existen diferenzas na
política da admisión, no sistema financeiro, etc), tradición pedagóxica (gramatical
ou comunicativa) e relación entre o docente e o alumno (submisión ou
participación do alumnado, sendo ideal unha relación equilibrada entre ditos
extremos).
-
Obxectivos: obxectivos e necesidades, razóns polas que
hai que marcar uns obxectivos e
obxectivos de ensino dunha lingua estranxeira.
·
Opinion personnelle
Nesta clase coñecín algo mais da lei, xa que eu non sabía
que era obrigatoria dar inglés na Educación Infantil. A idade obrigatoria para
comezar a aprender unha lingua estranxeira cambiou desde os 11 anos en 1970 ata
os 3 anos (en Galicia) no ano 2007, pasando polos 8 anos en 1990 e os 5 anos en
2006. Dende o meu punto de vista, isto é un gran avance na educación, xa que
canto antes comecemos a aprender unha lingua mellor será, aínda que habería que
replantarse o método de ensino. Ademais, chamoume moito a atención o que
falamos sobre as equivocacións, xa que antes de estudar esta carreira non
pensara nas consecuencias que pode ter reprochar os erros. Estas dúas clase
axudáronme a escoller os factores a avaliar da primeira tarefa.
Link do prezi: http://prezi.com/embed/y22jtvmnie97/
Link do prezi: http://prezi.com/embed/y22jtvmnie97/