·
Résumé et éclaircissements
Na clase do día 10 de setembro estivemos traballando co prezi
de “Apprentissage
des langues” no que se falaba dos tipos de lingua segundo o contexto de adquisición:
inicial (aquela na que o neno aprende a falar e que adquire de maneira
inconsciente e non intencionada), segunda (na presentación na clase, o profesor
aclarou que este termo non se usa en
Galicia xa que nesta comunidade hai dúas linguas iniciais) e lingua estranxeira
(aquela que se aprende na escola de maneira consciente e intencionada).
Tamén falouse da lingua segundo o contexto de
utilización: habitual (aquela utilizada para a maioría dos contextos, que
non ten porque ser a lingua inicial) de traballo (que non é o mesmo que lingua
oficial) e lingua vehicular (ou lingua franca).
Despois falamos do repertorio lingüístico, no que
destacamos que a nosa labor como docentes é ampliar o de os nosos alumnos e
ensinarlles a empregar o vocabulario nos contextos adecuados.
Ademais, falouse tamén da didáctica das linguas, e
na clase aprendemos termos que eu polo menos, non coñecía. Algúns deles son
FLM, FLE (para o inglés é EFL), FLS, AICLE (aprendizaxe integral do currículo a
través dunha lingua estranxeira), etc.
·
Opinion personnelle
A verdade é que nunca me parei a pensar neste asunto das
linguas, nin pensei en que se entende por lingua inicial, segunda, estranxeira,
pero isto serviume para facer a miña biografía en relación coas linguas.
É bo reflectir isto da algunha forma xa que á hora de
chegar a escola como docentes, é moi importante ter coñecemento das linguas coas
que os nenos tiveron contacto e saber cando utilizan unha lingua e cando outra
(se o fan).
Link do prezi: http://prezi.com/embed/ezzdncblak8t/
Link do prezi: http://prezi.com/embed/ezzdncblak8t/
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire