jeudi 31 octobre 2013

Classes 8 et 29 octobre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nestas dúas clases estivemos traballando co prezi “Metodoloxías de ensinanza das linguas estranxeiras” no que fixemos un recorrido polas diferentes metodoloxías que se utilizaron en Francia:

Metodoloxía tradicional
Despois do século XVI, época na que moi pouca xente sabía ler e escribir. O seu obxectivo era facilitar o acceso ós textos literarios, e se transmitían os contidos (gramática) do profesor ós alumnos, que pertencían as clases dominantes.

Método directo
Do final do século XIX ata o século XX, co obxectivo de aprender a falar por un método obxectivo e global. Ten a súa raíz en François Gouin, un enxeñeiro que envía o seu fillo a Alemaña e cando volve despois de 6 anos fala perfectamente o alemán. En España estaba en Vigor a Lei Moyano (1857), onde comezaba o aprendizaxe dunha lingua estranxeira a partir dos 6 anos. Neste método, a gramática pasa a ser implícita e só se utiliza a lingua estranxeira. Non hai que confundilo co método oral e coa metodoloxía activa.

Metodoloxías Mao-Mav
Esta metodoloxía comezou a empregarse a partir de 1950, pero en España  non se empregou ata 1985. MAO corresponde as siglas de Medio Audio-Oral e MAV a Medio Audio-Visual e os seu obxectivo é aprender a comprender, falar, ler e escribir (seguindo esta orde). Unha reformulación desta metodoloxía deu lugar á metodoloxía SGAV.

Aproximación comunicativa
A partir do ano 1970 e co obxectivo de aprender a comunicarnos nas situacións da vida corrente, cotiá. Tren grandes aproximacións: al método situacional inglés, á metodoloxía comunicativa e o funcional-nocional.

Metodoloxía accional
Dende o ano 2000, baseada no CERCL, empregando tarefas. É a metodoloxía que estase utilizando nesta materia. O ensino está centrado no estudante e a motivación xoga un papel moi importante.

·         Opinion personnelle

Coñecer os diferentes tipos de metodoloxías que existiron ó largo da historia en Francia paréceme moi interesante, aínda que me houbera gustado máis coñecer as metodoloxías que empregou España co paso do tempo.

Link do prezi: http://prezi.com/embed/osbpjkvqbs4b/


vendredi 18 octobre 2013

Classe 1 octobre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase traballamos do prezi “Cadre Européen Commun de Référence pour les Langues” no que se explica que é dito documento e quen o elabora (Consello de Europa). Unha das razóns polas que se fai é para organizar una certificación nunha lingua. En Europa fálanse 220 linguas e en España hai 4 oficiais (español, galego, vasco e catalán).
Existen 6 niveis de referencia (para los que hai que ter en conta as capacidades de ler, escribir, conversar, escoitar e falar):

A1: Descobremento da lingua
A2: Nivel de supervivencia
B1: Nivel umbral
B2: Nivel avanzado
C1: Nivel autonómico
C2: Dominio da lingua

Temos que ter en conta os seguintes termos: contexto, contidos, competencias (xerais ou comunicativas), textos, estratexias, tarefas (deben estar adaptadas as necesidades do alumnado e traballadas cunha metodoloxía adecuada) e actividades (recepción, produción, interación ou mediación).


·         Opinion personnelle
Moitas veces fóra da escola falo coas miñas amigas sobre os niveis das linguas, e ata agora non tiña claro a que correspondía o B1 e a que correspondía o B2. É importante coñecer que nivel teriamos con cada título en lingua estranxeira xa que o día de mañá, ter un bo nivel de lingua pode ser un factor decisivo á hora de obter traballo. Polo xeral, en Educación Infantil traballase o nivel A1, xa que os nenos aínda están entrando en contacto coas linguas, pero é bo coñecer que é o que corresponde a cada nivel.

Link do prezi: http://prezi.com/embed/chfkuh_e1tfh/