·
Résumé et éclaircissements
Nestas dúas clases estivemos traballando co prezi “Metodoloxías
de ensinanza das linguas estranxeiras” no que fixemos un recorrido polas diferentes
metodoloxías que se utilizaron en Francia:
Metodoloxía tradicional
Despois do século XVI, época na que moi pouca xente sabía
ler e escribir. O seu obxectivo era facilitar o acceso ós textos literarios, e se
transmitían os contidos (gramática) do profesor ós alumnos, que pertencían as clases
dominantes.
Método directo
Do final do século XIX ata o século XX, co obxectivo de aprender
a falar por un método obxectivo e global. Ten a súa raíz en François Gouin, un enxeñeiro
que envía o seu fillo a Alemaña e cando volve despois de 6 anos fala perfectamente
o alemán. En España estaba en Vigor a Lei Moyano (1857), onde comezaba o aprendizaxe
dunha lingua estranxeira a partir dos 6 anos. Neste método, a gramática pasa a ser
implícita e só se utiliza a lingua estranxeira. Non hai que confundilo co método
oral e coa metodoloxía activa.
Metodoloxías Mao-Mav
Esta metodoloxía comezou a empregarse a partir de 1950, pero
en España non se empregou ata 1985. MAO corresponde
as siglas de Medio Audio-Oral e MAV a Medio Audio-Visual e os seu obxectivo é aprender
a comprender, falar, ler e escribir (seguindo esta orde). Unha reformulación desta
metodoloxía deu lugar á metodoloxía SGAV.
Aproximación comunicativa
A partir do ano 1970 e co obxectivo de aprender a comunicarnos
nas situacións da vida corrente, cotiá. Tren grandes aproximacións: al método situacional
inglés, á metodoloxía comunicativa e o funcional-nocional.
Metodoloxía accional
Dende o ano 2000, baseada no CERCL, empregando tarefas. É
a metodoloxía que estase utilizando nesta materia. O ensino está centrado no estudante
e a motivación xoga un papel moi importante.
·
Opinion personnelle
Coñecer os diferentes tipos de metodoloxías que existiron
ó largo da historia en Francia paréceme moi interesante, aínda que me houbera gustado
máis coñecer as metodoloxías que empregou España co paso do tempo.
Link do prezi: http://prezi.com/embed/osbpjkvqbs4b/
Link do prezi: http://prezi.com/embed/osbpjkvqbs4b/
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire