- http://portfoliofr.blogspot.com.es/2013/10/tache-2-comment-sy-prendre.html
Actividade
de comprensión oral
Esta actividade consiste no visionado dun vídeo creado
por min. Antes de comezar a velo, a profesora repasará os saúdos e as fórmulas
de cortesía cos nenos, xa que como teñen 5 anos isto xa o traballaron os anos
anteriores.
-
Qu'est-ce qui signifie “Bonjour”? Et “Salut”?
-
Qu'est-ce qui signifie “Merci” ? Et “S'il vous plaît”?
-
Qu'est-ce qui signifie “Bon appétit”?
-
Qu'est-ce qui signifie“Au revoir ”?
*A profesora acompañará as preguntas de xestos para axudar
aos nenos e nenas. Ademais, cando o alumnado diga a resposta correcta a
profesora o reforzará:“Très bien”.
Unha vez
que repasen todo isto, a profesora diralles aos nenos e nenas que agora van a
ver un conto no que utilizan estas expresións: “Maintenant,
nous allons voir un conte sur cela”.
*Se hai problemas ténicos co vídeo, este pode verse no seguinte enlace:
*O vídeo reproducirase 3 veces.
Despois
de velo, pasaremos á actividade de
avaliación, que consistirá en sentarnos nun semicírculo para xogar aos
roles. Por parellas ou por tríos, o alumnado terá que saír diante dos seus
compañeiros e coller unha tarxeta que terá o debuxo do sol, a lúa ou a
panadería do vídeo e terán que utilizar as fórmulas de cortesía e os saúdos
nesas situacións: “Maintenant, nous devons choisir un camarade de classe.
Après, nous avons à prendre une carte et à représenter une situation du conte.
Les cartes sont ces:"
Avaliarase ó alumnado mediante a observación. Polo tanto, cumprimentarase o seguinte cuestionario:
Si
|
No
|
|
O alumnado
representou o momento do día indicado na tarxeta
|
||
O alumnado
utilizou os saúdos incorrectos
|
||
O alumnado
utilizou os saúdos correctos segundo a tarxeta
|
||
En xeral,
a representación foi boa
|
Temps:
-
5 minutos para recordar o significado das expresións.
- 4 minutos para ver o vídeo.
-
10/15 minutos para as representacións.
Ressources: Ordenador con conexión a internet, proxector e tarxetas.
Sources: O vídeo foi creado
por min. Os efectos de sons como o galo cantando, os pasos e os aplausos foron
baixados de internet co programa “Ares”. As voces da nai de Monique e de a nena
é a miña, e as voces masculinas do pai e do panadeiro saqueina do seguinte programa
en liña:
Por outro lado, as imaxes foron sacadas de google poñendo o nome do que
quería buscar, por exemplo nube. Aínda que algunhas das imaxes, como o sol, a
nube, o panadeiro e a cena en familia, foron modificadas por min, os enlaces
das páxinas das que saquei ditas imaxes son os seguintes:
Actividade de comprensión escrita
Esta actividade consiste no traballo con imaxes. A través dun proxector, mostraráselle ao alumnado as seguintes imaxes e traballarase con cada unha delas:
Desta forma, o alumnado irase relacionando coas fórmulas
de cortesía e ademais, irá asociando as imaxes a obxectos.
Actividade de avaliación
Unha vez feito isto e para avaliar se os nenos e nenas
comprenderon o anterior, repartiráselles as seguintes imaxes ó azar e eles
terán que debuxar algo representativo da imaxe, o que lles suxire.
Por exemplo, debuxar un tren.
Por exemplo, debuxar unha torta.
Por exemplo, debuxar unha cafetería.
Temps:
-
10/15
minutos para o tratamento das imaxes (dependendo da
colaboración e das interaccións do alumnado)
-
10
minutos para a actividade de avaliación
Ressources: Ordenador, proxector
coas imaxes, fotocopias coas imaxes para repartilas e cores para que os nenos e
nenas debuxen.
Sources du matériel non original: Todo
o material foi sacado de google, poñendo a palabra do que quería buscar. As páxinas
son as seguintes:
Reflexións
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, pensei primeiro nas actividades que quería facer
e logo deseñei a primeira. Unha vez feito isto, reviseina e pasei a realizar a
segunda. Cando xa estaban listas as dúas tarefas, repaseinas para comprobar que
non tiña fallos.
As-tu éprouvé des
difficultés? Les quelles?
A maior dificultade
coa que me atopei foi a elección de cada unha das tarefas, xa que non é fácil
pensar no nivel que poden ter os nenos. Ademais, tamén me resultou algo complicado a creación e a
busca dos materiais.
Qu’est-ce que tu as
appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus?
Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
As competencias coas que a tarefa ten maior relación son as seguintes:
1. Deseñar, planificar e
avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en
colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
Esta tarefa ten como base dita competencia, xa que o que tivemos que facer
é deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe de forma
individual. Ademais, é a primeira vez na que creo eu un vídeo para poder
utilizar co alumnado. Aprendín moito de deseño e planificación.
2.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente.
Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e
promovela entre o alumnado.
Isto xa o teriamos que facer unha que se levaran a cabo as actividades na aula,
aínda que é bo ir adquirindo destrezas (como aprender a facer vídeos ou buscar
información para traballala na aula).
8. Identificar os tipos de
actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral)
no ámbito persoal.
Poucas veces pareime a pensar no tipo de actividades. Con esta tarefa
aprendín a diferenciar entre actividades de comprensión escrita e de
comprensión oral. Ademais, esta competencia ten moita relación coa catro: “Diferenciar
entre as actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e
comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1 do Marco Europeo Común de Referencia
para a Aprendizaxe das Linguas (MECR)”.
Quel est ton avis
général sur la tâche?
En xeral, paréceme que é unha boa tarefa xa que poderiamos ter a sorte de
levala a cabo nunha clase de Educación Infantil. Imos ser mestras e mestres,
polo que temos que ser capaces de deseñar ou buscar actividades para o noso
alumnado.









Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire