samedi 30 novembre 2013

Classe 5 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase estivemos traballando co prezi “Comprensión oral”. Como introdución o prezi destacamos que o importante non é entender tódalas palabras dun texto, seno comprender o seu significado en conxunto e que o contexto é moi importante. As características do alumno son: os seus coñecementos e as súas experiencias pasadas, a competencia lingüística (o documento ten que estar adaptado o nivel do lector), la atención e la afectividade. Por outro lado, as características do documento son: o fluxo (a duración non é recomendable que supere os 3 minutos), las pausas, la fonética, o nivel de dificultade, e o uso de documentos auténticos ou pedagóxicos.

Os soportes visuais que se utilicen poden estar en movemento ou fixos. Isto é moi importante na idade infantil xa que os nenos aprenden mellor coas imaxes.

Temos que ter en conta as etapas da comprensión oral (pre-escoita, escoita e despois da escoita) e as estratexias de escoita (analítica, sintética ou crítica).


·         Opinion personnelle
Este prezi mais as aclaracións que fixemos na clase, servíronme para facer a terceira tarefa da materia. Houbo moitas cosas da comprensión oral das que non era consciente, e é moi importante ter claro cosas como as que tratamos na clase xa que o día de mañá imos traballar con nenos.





Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire