As follas son as seguintes:
samedi 30 novembre 2013
Activité tâche 4
Como actividade complementaria da tarefa catro, despois
de ver o vídeo da canción “Je suis poli” e de que os nenos a canten, repartiremos
o azar entre eles unhas follas como as seguintes para que traballen a motricidade
fina e para que as decoren ao seu gusto.
Classe 26 novembre 2013
·
Résumé et éclaircissements
Nesta
clase estivemos traballando co prezi “La expresión escrita” onde aclaramos que é a expresión escrita e que segundo a lei, os nenos
non empezan a escribir ata Educación Primaria. Fixemos un recorridos pos distintos
niveis do CERCL e o que corresponde facer en referencia a escritura segundo cada
nivel. Hai que ter en conta tres regras: a regra de progresión, regra da
isotopía e regra de coherencia e cohesión semántica. Tamén vimos algúns tipos de
actividades e o mestre levou ó aula algúns libros de Primaria e un libro de Infantil
para asociar as letras con formas coñecidas.
·
Opinion personnelle
Un
dos libros que levou o mestre ó aula inspiroume para facer a actividade 4. Ademais,
nunca pensara en iso de que temos que aprender a disociar letra e son xa que unha
grafía non é unha transcrición fonética, iso de que escribimos como falamos é un
mito.
Dende
o meu punto de vista é unha lingua complicada de aprender.
Link
do prezi: http://prezi.com/embed/uscwhejhltbi/
Classe 19 novembre 2013
·
Résumé et éclaircissements
Na
clase do día 19 comezamos a traballar co prezi “Produción oral”, onde temos que
aclarar que a expresión oral pode ser produción ou interacción. Producir
oralmente esixe a capacidade de comprensión de quen escoita.
Despois
pasamos a ver actividades das dimensións da expresión oral: produción e interacción.
Logo centrámonos na tarefa catro (como organizar o espazo, que dicirlle ó
alumnado, etc) que é coa que garda relación este prezi e mais concretamente en
programas para facer música, para facer cancións.
Por
último, tratamos os elementos de la produción oral: ideas, estruturación,
linguaxe, linguaxe non verbal (que non é igual en todos os países: vimos un exemplo
dun xesto que se fai en Francia), voz, pausas, silencios, esperas, etc.
·
Opinion personnelle
Con
este prezi deime conta de que na terceira tarefa, aínda que eu pensaba que
estaba facendo un xogo de rol, fixen un «canevas» como actividade de
avaliación. Ademais, dedicamos bastante tempo a explicacións das cancións e foi
por iso polo que decidín facer una canción para a seguinte tarefa, a catro.
Classe 12 novembre 2013
·
Résumé et éclaircissements
Nesta
clase traballamos co prezi “Comprensión escrita” no que como introdución falamos
do que é e dos seus obxectivos. Tratamos tamén os distintos soportes que
poden utilizarse, dos tipos e dos aspectos que termos que ter en conta. Fixemos
un inciso na clase e falamos do que se pode transmitir de maneira implícita e o
mellor exemplo é o seguinte vídeo:
Despois
seguimos falando do carácter didáctico da comprensión escrita, como debe ser a lectura,
a organización, etc. e vimos uns exemplos de tipos de exercicios que podían facerse
en relación con este tema.
·
Opinion personnelle
Este
prezi ten moita relación co da clase anterior, xa que os dous servíronme para facer
a terceira tarefa e déronme moitas ideas, pero me houbera gustado que ademais de ver exercicios propios de Educación Infantil o prezi estivera centrado en esta etapa, xa que tanto en esta materia como en outras, os contidos céntranse en Educación Primaria e o final fanse aclaracións de como adaptalo.
Link
do prezi : http://prezi.com/embed/lpgzaznrenha/
Classe 5 novembre 2013
·
Résumé et éclaircissements
Nesta
clase estivemos traballando co prezi “Comprensión oral”. Como introdución o prezi
destacamos que o importante non é entender tódalas palabras dun texto, seno comprender
o seu significado en conxunto e que o contexto é moi importante. As características
do alumno son: os seus coñecementos e as súas experiencias pasadas, a competencia
lingüística (o documento ten que estar adaptado o nivel do lector), la atención
e la afectividade. Por outro lado, as características do documento son: o
fluxo (a duración non é recomendable que supere os 3 minutos), las pausas, la fonética,
o nivel de dificultade, e o uso de documentos auténticos ou pedagóxicos.
Os
soportes visuais que se utilicen poden estar en movemento ou fixos. Isto é moi importante
na idade infantil xa que os nenos aprenden mellor coas imaxes.
Temos
que ter en conta as etapas da comprensión oral (pre-escoita, escoita e despois
da escoita) e as estratexias de escoita (analítica, sintética ou crítica).
·
Opinion personnelle
Este
prezi mais as aclaracións que fixemos na clase, servíronme para facer a terceira
tarefa da materia. Houbo moitas cosas da comprensión oral das que non era consciente,
e é moi importante ter claro cosas como as que tratamos na clase xa que o día de
mañá imos traballar con nenos.
Link
do prezi : http://prezi.com/embed/k5lgrvp3nhcp/
vendredi 29 novembre 2013
Tâche 4. Aider à produire
Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:
Xustificación: Na miña tarefa
dous non nomeei nada de cancións xa que non tiña pensando facelas, pero como
unha das miñas actividades de avaliación da tarefa dúas era un “canevas” e non
se podía repetir, decanteime por introducir unha canción.
Activité
pour la production/expression oral
Unha boa forma de que os nenos e nenas na idade infantil aprendan
vocabulario é a través das cancións. Por iso, como actividade de produción
oral, a profesora ensinaralle ao
alumnado a seguinte canción:
“ Aujourd'hui, nous allons
apprendre cette chanson”
(Se non se puidera ver o vídeo por calquer fallo, o enlace é o seguinte:
No vídeo incluín a letra da canción porque os nenos
teñen 5 anos e así fomento o acercamento á lectura. Por iso o vocabulario que
quero traballar aparece con letras maiúsculas).
Unha vez que o alumnado vexa o vídeo, a profesora irá dicindo unha frase e
facendo os xestos e os nenos e nenas repetirana para facilitar a aprendizaxe da
canción.
“Maintenant, je dire une phrase et vous répétez cette phrase, d'accord ?”
Temps: 15 minutos.
Ressources: Ordenador con conexión a internet.
Sources: A letra da canción
e o vídeo foron creados por min.
Activité
pour le expression écrite
Antes de comezar coa actividade, a profesora porá no proxector a seguinte imaxe
e lle fará aos nenos e nenas as seguintes preguntas:
Despois e para traballar a psicomotricidade fina, a profesora repartiralle ao
alumnado a seguinte folla, que os nenos terán que decorar e facer debuxos nela.
“Maintenant, nous allons revoir les lettres “Joyeux anniversaire”
et nous allons décorer cette carte de vœux”.
Temps: 15 minutos
Ressources: Ordenador con conexión a internet e 24 follas para decorar.
Sources: Todo o material foi
elaborado por min; a tarxeta de felicitación co programa photoscape e a folla para
decorar os nenos fíxena a man.
Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das
explicacións da clase, xa que nunha delas o profesor falou da importancia das
cancións e decidín escoller unha canción como actividade de produción. Unha vez
que a fixen, reviseina e pasei a realizar a segunda. Cando xa estaban listas as
dúas tarefas, repaseinas para comprobar que non tiñan fallos.
As-tu éprouvé des
difficultés? Les quelles?
A maior dificultade
que tiven foi a elección e a creación das tarefas, xa que non é fácil pensar
nas actividades e despois ter que elaborar o material. Aínda así, esta vez non
foi tan complicado elaborar os materias xa que tiña a experiencia da outra
tarefa.
Qu’est-ce que tu as
appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus?
Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1.
Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto
individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do
centro.
Esta tarefa ten como base dita competencia, xa que o que tivemos que facer
é deseñar e planificar procesos de ensinanza aprendizaxe de forma individual.
Con esta tarefa e mais coa anterior, aprendín moito de deseño e planificación.
2.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente.
Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e
promovela entre o alumnado.
A primeira parte da competencia xa o teriamos que facer unha vez que se
levaran a cabo as actividades na aula. Pero por outro lado, é bo ir adquirindo
destrezas como aprender a facer vídeos ou buscar actividades para levalas a
cabo na aula.
8. Identificar os tipos de
actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral)
no ámbito persoal.
Xunto coa outra tarefa, aprendín a diferenciar entre actividades de
comprensión oral e de expresión oral. Ademais, esta competencia ten moita
relación coa catro: “Diferenciar entre as actividades comunicativas
(interacción oral, expresión oral e comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1
do Marco Europeo Común de Referencia para a Aprendizaxe das Linguas (MECR)”.
Quel est ton avis
général sur la tâche?
En xeral, paréceme que é unha boa tarefa. Imos ser mestras e mestres, polo
que temos que ser capaces de deseñar ou buscar actividades para o noso
alumnado.
vendredi 15 novembre 2013
Tâche 3. Faire comprendre
Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:
- http://portfoliofr.blogspot.com.es/2013/10/tache-2-comment-sy-prendre.html
Avaliarase ó alumnado mediante a observación. Polo tanto, cumprimentarase o seguinte cuestionario:
- http://portfoliofr.blogspot.com.es/2013/10/tache-2-comment-sy-prendre.html
Actividade
de comprensión oral
Esta actividade consiste no visionado dun vídeo creado
por min. Antes de comezar a velo, a profesora repasará os saúdos e as fórmulas
de cortesía cos nenos, xa que como teñen 5 anos isto xa o traballaron os anos
anteriores.
-
Qu'est-ce qui signifie “Bonjour”? Et “Salut”?
-
Qu'est-ce qui signifie “Merci” ? Et “S'il vous plaît”?
-
Qu'est-ce qui signifie “Bon appétit”?
-
Qu'est-ce qui signifie“Au revoir ”?
*A profesora acompañará as preguntas de xestos para axudar
aos nenos e nenas. Ademais, cando o alumnado diga a resposta correcta a
profesora o reforzará:“Très bien”.
Unha vez
que repasen todo isto, a profesora diralles aos nenos e nenas que agora van a
ver un conto no que utilizan estas expresións: “Maintenant,
nous allons voir un conte sur cela”.
*Se hai problemas ténicos co vídeo, este pode verse no seguinte enlace:
*O vídeo reproducirase 3 veces.
Despois
de velo, pasaremos á actividade de
avaliación, que consistirá en sentarnos nun semicírculo para xogar aos
roles. Por parellas ou por tríos, o alumnado terá que saír diante dos seus
compañeiros e coller unha tarxeta que terá o debuxo do sol, a lúa ou a
panadería do vídeo e terán que utilizar as fórmulas de cortesía e os saúdos
nesas situacións: “Maintenant, nous devons choisir un camarade de classe.
Après, nous avons à prendre une carte et à représenter une situation du conte.
Les cartes sont ces:"
Avaliarase ó alumnado mediante a observación. Polo tanto, cumprimentarase o seguinte cuestionario:
Si
|
No
|
|
O alumnado
representou o momento do día indicado na tarxeta
|
||
O alumnado
utilizou os saúdos incorrectos
|
||
O alumnado
utilizou os saúdos correctos segundo a tarxeta
|
||
En xeral,
a representación foi boa
|
Temps:
-
5 minutos para recordar o significado das expresións.
- 4 minutos para ver o vídeo.
-
10/15 minutos para as representacións.
Ressources: Ordenador con conexión a internet, proxector e tarxetas.
Sources: O vídeo foi creado
por min. Os efectos de sons como o galo cantando, os pasos e os aplausos foron
baixados de internet co programa “Ares”. As voces da nai de Monique e de a nena
é a miña, e as voces masculinas do pai e do panadeiro saqueina do seguinte programa
en liña:
Por outro lado, as imaxes foron sacadas de google poñendo o nome do que
quería buscar, por exemplo nube. Aínda que algunhas das imaxes, como o sol, a
nube, o panadeiro e a cena en familia, foron modificadas por min, os enlaces
das páxinas das que saquei ditas imaxes son os seguintes:
Actividade de comprensión escrita
Esta actividade consiste no traballo con imaxes. A través dun proxector, mostraráselle ao alumnado as seguintes imaxes e traballarase con cada unha delas:
Desta forma, o alumnado irase relacionando coas fórmulas
de cortesía e ademais, irá asociando as imaxes a obxectos.
Actividade de avaliación
Unha vez feito isto e para avaliar se os nenos e nenas
comprenderon o anterior, repartiráselles as seguintes imaxes ó azar e eles
terán que debuxar algo representativo da imaxe, o que lles suxire.
Por exemplo, debuxar un tren.
Por exemplo, debuxar unha torta.
Por exemplo, debuxar unha cafetería.
Temps:
-
10/15
minutos para o tratamento das imaxes (dependendo da
colaboración e das interaccións do alumnado)
-
10
minutos para a actividade de avaliación
Ressources: Ordenador, proxector
coas imaxes, fotocopias coas imaxes para repartilas e cores para que os nenos e
nenas debuxen.
Sources du matériel non original: Todo
o material foi sacado de google, poñendo a palabra do que quería buscar. As páxinas
son as seguintes:
Reflexións
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, pensei primeiro nas actividades que quería facer
e logo deseñei a primeira. Unha vez feito isto, reviseina e pasei a realizar a
segunda. Cando xa estaban listas as dúas tarefas, repaseinas para comprobar que
non tiña fallos.
As-tu éprouvé des
difficultés? Les quelles?
A maior dificultade
coa que me atopei foi a elección de cada unha das tarefas, xa que non é fácil
pensar no nivel que poden ter os nenos. Ademais, tamén me resultou algo complicado a creación e a
busca dos materiais.
Qu’est-ce que tu as
appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus?
Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
As competencias coas que a tarefa ten maior relación son as seguintes:
1. Deseñar, planificar e
avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en
colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
Esta tarefa ten como base dita competencia, xa que o que tivemos que facer
é deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe de forma
individual. Ademais, é a primeira vez na que creo eu un vídeo para poder
utilizar co alumnado. Aprendín moito de deseño e planificación.
2.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente.
Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e
promovela entre o alumnado.
Isto xa o teriamos que facer unha que se levaran a cabo as actividades na aula,
aínda que é bo ir adquirindo destrezas (como aprender a facer vídeos ou buscar
información para traballala na aula).
8. Identificar os tipos de
actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral)
no ámbito persoal.
Poucas veces pareime a pensar no tipo de actividades. Con esta tarefa
aprendín a diferenciar entre actividades de comprensión escrita e de
comprensión oral. Ademais, esta competencia ten moita relación coa catro: “Diferenciar
entre as actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e
comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1 do Marco Europeo Común de Referencia
para a Aprendizaxe das Linguas (MECR)”.
Quel est ton avis
général sur la tâche?
En xeral, paréceme que é unha boa tarefa xa que poderiamos ter a sorte de
levala a cabo nunha clase de Educación Infantil. Imos ser mestras e mestres,
polo que temos que ser capaces de deseñar ou buscar actividades para o noso
alumnado.
Inscription à :
Articles (Atom)














