samedi 30 novembre 2013

Classe 19 novembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Na clase do día 19 comezamos a traballar co prezi “Produción oral”, onde temos que aclarar que a expresión oral pode ser produción ou interacción. Producir oralmente esixe a capacidade de comprensión de quen escoita.
Despois pasamos a ver actividades das dimensións da expresión oral: produción e interacción. Logo centrámonos na tarefa catro (como organizar o espazo, que dicirlle ó alumnado, etc) que é coa que garda relación este prezi e mais concretamente en programas para facer música, para facer cancións.
Por último, tratamos os elementos de la produción oral: ideas, estruturación, linguaxe, linguaxe non verbal (que non é igual en todos os países: vimos un exemplo dun xesto que se fai en Francia), voz, pausas, silencios, esperas, etc.

·         Opinion personnelle
Con este prezi deime conta de que na terceira tarefa, aínda que eu pensaba que estaba facendo un xogo de rol, fixen un «canevas» como actividade de avaliación. Ademais, dedicamos bastante tempo a explicacións das cancións e foi por iso polo que decidín facer una canción para a seguinte tarefa, a catro.




Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire