jeudi 26 décembre 2013

Biographie

Chámome Sara González Baamonde e nacín no ano 1993 no hospital Xeral de Vigo. Dende que nacín, e ata os sete anos vivín na Travesía de Vigo e falei sempre en castelán. Sinceramente non recordo falar galego, aínda que non sei se na escola o falaría.
Cando tiña sete anos mudeime a Fuerteventura, Canarias. Alí falei sempre castelán xa que os meus pais nunca me falaron en galego, aínda que hai que dicir que co paso de tempo acabei incluíndo na miña xerga habitual vocablos propios das Illas Canarias.

  • A miña experiencia na escola
No pobo no que vivía había só dúas escolas: nunha, no ultimo ciclo de Educación Primaria, impartíase como segunda lingua o francés; na outra, o alemán. A escola á que eu ía era a que impartía francés, polo que en quinto e en sexto, introducinme na lingua francesa.
Ó chegar ó instituto, en primeiro e mais en segundo da ESO podíase escoller como segunda lingua estranxeira o francés ou o alemán. Como xa tivera francés na escola, decidín escoller os dous anos esta lingua, polo que na miña vida estudei alemán.

  • Contacto coas linguas estranxeiras
Gustábanme moito as dúas linguas estranxeiras que estudara no instituto, tanto o inglés como o francés. Sacaba moi boas notas e os meus pais dixéronme que se seguía así, ao terminar segundo da ESO regalaríanme unha viaxe ou a Londres ou a Francia. Como a tía da miña nai viviu en Londres dende os vinte anos, miña nai díxome que fora a Londres, con ela e así poderíame facer de guía e me ensinaría a cidade. E así foi, funme de viaxe  a Londres dúas semanas, en xullo do ano 2007.
 A viaxe foi moi interesante e paseino moi ben, pero menos mal que estaba miña tía comigo, porque a xente alí falaba moi rápido e non entendía moito. Foi unha experiencia que me gustaría repetir noutros países xa que unha cosa é estudar a lingua e outra moi diferente pasar alí un tempo e ver como a falan os nativos realmente e como é a vida neses países.
Volvín a Fuerteventura e como  á miña tia tamén gustoulle moito a viaxe, decidimos repetilo ao ano seguinte pero en Roma, e alí fomos as dúas, esta vez sen coñecer nada, nin da cidade nin do idioma. Aínda así, como a miña tia falaba moi ben o inglés sempre que preguntabamos e contestábannos en italiano, a miña tia faláballes na lingua inglesa e xa non había problema.
É unha experiencia que quero volver a repetir, iso de estar nun sitio que non coñeces e do que non tes moita idea da lingua pode ser frustrante, pero aínda que non falaramos a mesma lingua, sempre conseguiamos obter a información que precisabamos.

  • Regreso a miña cidade de orixe e estudos na Universidade
Ó terminar o bacharelato tiña que continuar os meus estudos fóra da illa na que vivía, xa que alí non hai universidade. Polo que, tanto os meus pais coma eu, decidimos volver a Galicia para que eu seguira estudando. Para min, foi moi duro deixar atrás as miñas amigas, o sitio ao que estaba acostumada a vivir... en definitiva, a miña vida, pero non había máis remedio.
Unha vez que regresei a Vigo, comecei os meus estudos de Educación Infantil na Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Iso implicou que volvera a ter contacto co galego, lingua que non falaba nin escoitaba dende que tiña oito anos.
No segundo cuadrimestre do primeiro curso tiven a materia de lingua galega e custoume un pouco, pero coa axuda da profesora, das miñas compañeiras de clase e de ter oído no primeiro cuadrimestre ós profesores falar en galego, conseguín aprobala.
 No segundo curso tiven que escoller unha lingua estranxeira, ou inglés ou francés, e decidín escoller a lingua francesa, que non a daba dende segundo da ESO. Esa materia non foi difícil aprobala xa que o profesor falaba sempre en francés, non pedía un nivel demasiado alto e se facías as tarefas e os exercicios que el mandaba, aprobábase sen problema.
  No terceiro curso, que é o ano no que agora mesmo me atopo, tamén volvín a escoller francés, xa que me gustou o ano pasado e así melloro o meu nivel nesta lingua.

  • Plans de futuro
A verdade é que me gustaría obter o título do nivel B2 de inglés e o A2 de francés na escola de idiomas xa que e moi importante saber idiomas e sobre todo á hora de obter un traballo hai centros que iso o teñen moi en conta.

E ata agora, podo resumir desta maneira, os grandes acontecementos da miña vida referidos ás linguas coas que tiven contacto.


  

lundi 23 décembre 2013

Classes en cours B

Como reflexión xeral das horas B, teño que dicir que aínda que as veces as clases facíanseme algo pesadas (por ter que volver a explicar os pasos de cómo facer a tarefa para facer o exemplo na clase), axudáronme moito para facer as miñas tarefas porque non é o mesmo ver unha explicación que ver un exemplo e escoitar as aclaracións mentres se fai. Ademais, explicar as tarefas en clase fai que as dúbidas pódanse preguntar no momento, e que estas non xurdan na miña sen tela ocasión de resolvelas.

samedi 21 décembre 2013

Classes 3 et 10 décembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nestas dúas clases traballamos co prezi “A avaliación en cursos de lingua estranxeira” que serviunos para facer a última tarefa. Temos que ter en conta os tipos de avaliación (auto-avaliación, co-avaliación e hetero-avaliación entre outros), os criterios de avaliación (dependen dos obxectivos e das estratexias empregadas.), e as ferramentas de avaliación (Cuestionario de resposta múltiple, cuestionario de resposta aberta curta, exercicios de emparellas, etc), así como a validez a fiabilidade e a factibilidade da mesma.
A avaliación pode ser inicial, formativa ou sumativa (final) e ademais existen tipos de avaliación que os nomeados anteriormente:
-          Cualitativa y cuantitativa
-          Coñecementos vs capacidades
-          Directa vs indirecta
-          Subxectiva vs obxectiva
-          Holística vs analítica

Para avaliar la expresión oral ou a expresión escrita (que é o que temos que facer na última tarefa) podemos empregar unha lista de control, unha rúbrica, folla de observación, etc.

·         Opinion personnelle
Dende o meu punto de vista é moi importante coñecer os tipos de avaliación así como as súas ferramentas, e non só para avaliar en lingua estranxeira senón en xeral. En moi poucas materias falárannos disto e o día de mañá e algo que imos ter que facer. Ademais, isto serviume para facer a última tarefa xa que na clase limitamos os criterios a cinco por actividade.




vendredi 13 décembre 2013

Tâche 5. Évaluer


Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:

Évaluation pour la production/expression oral
Como a actividade que imos a avaliar é unha canción, levarase a cabo unha avaliación heteroxénea de forma indirecta, gravando ao alumnado en vídeo. No mesmo día cantaremos a canción cinco ou máis veces para poder gravar a todos os nenos e nenas. A canción é a seguinte:

(Se hubera algún problema co vídeo o enlace é o seguinte: http://www.youtube.com/watch?v=6vEJrYlaMW8 )

Aujourd'hui, nous allons enregistrer chantant sur vidéo la chanson: Je suis poli. Nous allons enregistrer dans groupes de cinq personnes”.


Gravaremos ao alumnado en grupos de 5 para poder observar mellor aos nenos e cubriremos a seguinte escala de estimación para cada un deles fóra do horario lectivo:

















Temps: 1 hora.
Ressources: Cámara de vídeo e 24 escalas de estimación.
Sources: Elaboración propia de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.

Évaluation pour le expression écrite
Na actividade de expresión escrita os nenos e nenas tiveron que facer un debuxo e decorar a folla que a profesora repartiralles. Mentres os nenos facían a actividade a mestra iría pasando polas mesas para axudalos e para ver como o fan e tomará as notas necesarias.

Como é moi relativo saber se o que debuxou o alumnado garda relación cos aniversarios, faremos unha asemblea e pediremos a cada neno que saia, ensine o seu debuxo e explique as razóns polas cales o fixo.

“Maintenant, nous ferons une assemblée. Un par un, vous devez expliquer votre dessin”.

Mentres cada neno explica o seu debuxo, a profesora levará a cabo de forma directa unha avaliación heteroxénea mediante a seguinte lista de control:

























Temps: 45 minutos.
Ressources: Notas tomadas durante a realización dos debuxos, os propios debuxos e 24 listas de control.
Sources: Elaboración propia de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.

Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das explicacións das clases. Ademais noutras materias falaramos dos instrumentos de avaliación polo que me serviu para escoller cales eran os que ía empregar. Cando xa estaban rematadas as dúas avaliacións, repaseinas para comprobar que non tiña fallos.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
 A maior dificultade que tiven foi a elección dos criterios de avaliación para cada actividade. Non sabía moi ben que avaliar xa que me parece moi complicado pensar ítems para avaliar obxectivamente, aínda que así é como o deberiamos facer.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1.                   Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
6.                   Ser capaz de levar a cabo distintos tipos de avaliación.

Esta tarefa ten como base ditas competencias, xa que o que tivemos que facer é avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe. Para isto, podiamos facer uso dos distintos tipos de avaliación que hai, os cales foron explicados polo profesor nunha clase.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Paréceme moi complicado ter que pensar en como avaliar unha actividade, pero é algo necesario xa que o día de mañá terémolo que facer.