Chámome Sara González Baamonde e nacín no ano 1993 no
hospital Xeral de Vigo. Dende que nacín, e ata os sete anos vivín na Travesía de Vigo e falei sempre en castelán.
Sinceramente non recordo falar galego, aínda que non sei se na escola o
falaría.
Cando tiña sete anos mudeime a Fuerteventura, Canarias.
Alí falei sempre castelán xa que os meus pais nunca me falaron en galego, aínda que hai que dicir que co paso de tempo
acabei incluíndo na miña xerga habitual vocablos propios das Illas Canarias.
- A miña experiencia na escola
No pobo no que vivía había só dúas
escolas: nunha, no ultimo ciclo de Educación Primaria, impartíase como segunda lingua o francés; na
outra, o alemán. A escola á que eu ía era a que impartía francés,
polo que en quinto e en sexto, introducinme na lingua francesa.
Ó chegar ó instituto, en primeiro e mais en segundo da ESO podíase
escoller como segunda lingua estranxeira o francés ou o alemán. Como xa tivera francés
na escola, decidín escoller os dous anos esta lingua, polo que na miña vida estudei alemán.
- Contacto coas linguas estranxeiras
Gustábanme moito as dúas linguas estranxeiras que
estudara no instituto, tanto o inglés como o francés. Sacaba moi
boas notas e os meus pais dixéronme que se seguía así, ao terminar segundo da
ESO regalaríanme unha viaxe ou a Londres ou a Francia. Como a tía da miña nai viviu en Londres dende os vinte
anos, miña nai díxome que fora a Londres, con ela e así poderíame facer de guía
e me ensinaría a cidade. E así foi, funme de viaxe a Londres dúas semanas, en xullo do ano 2007.
A viaxe foi moi interesante e paseino moi ben, pero
menos mal que estaba miña tía comigo, porque a xente alí falaba moi rápido e non entendía
moito. Foi unha experiencia que me gustaría repetir noutros países xa que
unha cosa é estudar a lingua e outra moi diferente pasar alí un tempo e ver
como a falan os nativos realmente e como é a vida neses países.
Volvín a Fuerteventura e como á miña tia
tamén gustoulle moito a viaxe, decidimos repetilo ao
ano seguinte pero en Roma, e alí fomos as
dúas, esta vez sen coñecer nada, nin da cidade nin do idioma. Aínda así, como a miña tia falaba moi
ben o inglés sempre que preguntabamos e contestábannos en italiano, a miña tia faláballes
na lingua inglesa e xa non había problema.
É unha
experiencia que quero volver a repetir, iso de estar nun sitio que non
coñeces e do que non tes moita idea da lingua pode ser frustrante, pero aínda
que non falaramos a mesma lingua, sempre conseguiamos obter a información que
precisabamos.
- Regreso a miña cidade de orixe e
estudos na Universidade
Ó terminar o bacharelato tiña que continuar os meus
estudos fóra da illa na que vivía, xa que alí non hai universidade. Polo que, tanto os meus
pais coma eu, decidimos volver a Galicia para que eu seguira estudando. Para min, foi moi duro deixar atrás as
miñas amigas, o sitio ao que estaba acostumada a vivir... en definitiva, a miña
vida, pero non había máis remedio.
Unha vez que regresei a Vigo, comecei os meus estudos de Educación Infantil na Universidade de Vigo, no campus de
Pontevedra. Iso implicou que volvera a ter contacto co galego, lingua que
non falaba nin escoitaba dende que tiña oito anos.
No segundo cuadrimestre do primeiro curso tiven a
materia de lingua galega e custoume un pouco, pero coa axuda da profesora, das
miñas compañeiras de clase e de ter oído no primeiro cuadrimestre ós profesores
falar en galego, conseguín aprobala.
No segundo curso tiven que escoller unha lingua
estranxeira, ou inglés ou francés, e decidín escoller a lingua francesa, que non a daba dende segundo da
ESO. Esa materia non foi difícil
aprobala xa que o profesor falaba sempre en francés, non pedía un nivel demasiado
alto e se facías as tarefas e os exercicios que el mandaba, aprobábase sen
problema.
No terceiro curso, que é o ano no
que agora mesmo me atopo, tamén volvín a escoller francés, xa que me gustou o ano pasado e así melloro o meu nivel nesta lingua.
- Plans de futuro
A verdade é que me gustaría obter o
título do nivel B2 de inglés e o A2 de
francés na escola de idiomas xa que e moi
importante saber idiomas e sobre
todo á hora de obter un traballo hai centros que iso o teñen moi en conta.
E ata agora, podo resumir desta maneira, os grandes
acontecementos da miña vida referidos ás linguas coas que tiven contacto.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire