Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:
Évaluation
pour la production/expression oral
Como a actividade que imos a avaliar é unha canción, levarase a cabo unha
avaliación heteroxénea de forma indirecta, gravando ao alumnado en vídeo. No mesmo
día cantaremos a canción cinco ou máis veces para poder gravar a todos os nenos
e nenas. A canción é a seguinte:
(Se hubera algún problema co vídeo o enlace é o seguinte: http://www.youtube.com/watch?v=6vEJrYlaMW8 )
“Aujourd'hui, nous
allons enregistrer chantant sur vidéo la chanson: Je suis poli. Nous allons
enregistrer dans groupes de cinq personnes”.
Gravaremos ao alumnado en grupos de 5 para
poder observar mellor aos nenos e cubriremos a seguinte escala de estimación
para cada un deles fóra do horario lectivo:
Temps: 1 hora.
Ressources: Cámara de vídeo e 24 escalas de estimación.
Sources: Elaboración propia
de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009
do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade
Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.
Évaluation
pour le expression écrite
Na actividade de expresión escrita os nenos e nenas tiveron que facer un
debuxo e decorar a folla que a profesora repartiralles. Mentres os nenos facían
a actividade a mestra iría pasando polas mesas para axudalos e para ver como o fan
e tomará as notas necesarias.
Como é moi relativo saber se o que debuxou o alumnado garda relación cos aniversarios,
faremos unha asemblea e pediremos a cada neno que saia, ensine o seu debuxo e
explique as razóns polas cales o fixo.
“Maintenant, nous ferons une assemblée. Un par un, vous devez expliquer
votre dessin”.
Mentres cada neno explica o seu debuxo, a profesora levará
a cabo de forma directa unha avaliación heteroxénea mediante a seguinte lista
de control:
Temps: 45 minutos.
Ressources: Notas tomadas durante a realización dos debuxos, os
propios debuxos e 24 listas de control.
Sources: Elaboración propia
de todo o material tendo en conta os obxectivos e contidos dos Decreto 330/2009
do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade
Autónoma de Galicia, así como as capacidades do CECRL/PEL d'Education Maternelle.
Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta
tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das explicacións das clases.
Ademais noutras materias falaramos dos instrumentos de avaliación polo que me serviu
para escoller cales eran os que ía empregar. Cando xa estaban rematadas as dúas
avaliacións, repaseinas para comprobar que non tiña fallos.
As-tu éprouvé des
difficultés? Les quelles?
A maior dificultade
que tiven foi a elección dos criterios de avaliación para cada actividade. Non
sabía moi ben que avaliar xa que me parece moi complicado pensar ítems para
avaliar obxectivamente, aínda que así é como o deberiamos facer.
Qu’est-ce que tu as
appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus?
Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1.
Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e
aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e
profesionais do centro
6.
Ser capaz de levar a cabo distintos tipos de avaliación.
Esta tarefa ten como base ditas competencias, xa que o
que tivemos que facer é avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe. Para isto,
podiamos facer uso dos distintos tipos de avaliación que hai, os cales foron
explicados polo profesor nunha clase.
Quel est ton avis
général sur la tâche?
Paréceme moi complicado ter que pensar en como avaliar
unha actividade, pero é algo necesario xa que o día de mañá terémolo que facer.


Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire