vendredi 29 novembre 2013

Tâche 4. Aider à produire

Os enlaces das miñas tarefas anteriores son os seguintes:

Xustificación: Na miña tarefa dous non nomeei nada de cancións xa que non tiña pensando facelas, pero como unha das miñas actividades de avaliación da tarefa dúas era un “canevas” e non se podía repetir, decanteime por introducir unha canción.

Activité pour la production/expression oral
Unha boa forma de que os nenos e nenas na idade infantil aprendan vocabulario é a través das cancións. Por iso, como actividade de produción oral,  a profesora ensinaralle ao alumnado a seguinte canción:
Aujourd'hui, nous allons apprendre cette chanson”

(Se non se puidera ver o vídeo por calquer fallo, o enlace é o seguinte:

No vídeo incluín a letra da canción porque os nenos teñen 5 anos e así fomento o acercamento á lectura. Por iso o vocabulario que quero traballar aparece con letras maiúsculas).

Unha vez que o alumnado vexa o vídeo, a profesora irá dicindo unha frase e facendo os xestos e os nenos e nenas repetirana para facilitar a aprendizaxe da canción.
“Maintenant, je dire une phrase et vous répétez cette phrase, d'accord ?”

Temps: 15 minutos.
Ressources: Ordenador con conexión a internet.
Sources: A letra da canción e o vídeo foron creados por min.


Activité pour le expression écrite
Antes de comezar coa actividade, a profesora porá no proxector a seguinte imaxe e lle fará aos nenos e nenas as seguintes preguntas:


 

Despois e para traballar a psicomotricidade fina, a profesora repartiralle ao alumnado a seguinte folla, que os nenos terán que decorar e facer debuxos nela.
“Maintenant, nous allons revoir les lettres “Joyeux anniversaire” et nous allons décorer cette carte de vœux”.
  




Temps: 15 minutos
Ressources: Ordenador con conexión a internet e 24 follas para decorar.
Sources: Todo o material foi elaborado por min; a tarxeta de felicitación co programa photoscape e a folla para decorar os nenos fíxena a man.


Réflexions
Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, guieime polas instrucións e axudeime das explicacións da clase, xa que nunha delas o profesor falou da importancia das cancións e decidín escoller unha canción como actividade de produción. Unha vez que a fixen, reviseina e pasei a realizar a segunda. Cando xa estaban listas as dúas tarefas, repaseinas para comprobar que non tiñan fallos.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
 A maior dificultade que tiven foi a elección e a creación das tarefas, xa que non é fácil pensar nas actividades e despois ter que elaborar o material. Aínda así, esta vez non foi tan complicado elaborar os materias xa que tiña a experiencia da outra tarefa.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa traballei as seguintes competencias:
1. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
Esta tarefa ten como base dita competencia, xa que o que tivemos que facer é deseñar e planificar procesos de ensinanza aprendizaxe de forma individual. Con esta tarefa e mais coa anterior, aprendín moito de deseño e planificación.
2. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado.
A primeira parte da competencia xa o teriamos que facer unha vez que se levaran a cabo as actividades na aula. Pero por outro lado, é bo ir adquirindo destrezas como aprender a facer vídeos ou buscar actividades para levalas a cabo na aula.

8. Identificar os tipos de actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) no ámbito persoal.
Xunto coa outra tarefa, aprendín a diferenciar entre actividades de comprensión oral e de expresión oral. Ademais, esta competencia ten moita relación coa catro: “Diferenciar entre as actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1 do Marco Europeo Común de Referencia para a Aprendizaxe das Linguas (MECR)”.

Quel est ton avis général sur la tâche?

En xeral, paréceme que é unha boa tarefa. Imos ser mestras e mestres, polo que temos que ser capaces de deseñar ou buscar actividades para o noso alumnado.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire