vendredi 18 octobre 2013

Classe 1 octobre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nesta clase traballamos do prezi “Cadre Européen Commun de Référence pour les Langues” no que se explica que é dito documento e quen o elabora (Consello de Europa). Unha das razóns polas que se fai é para organizar una certificación nunha lingua. En Europa fálanse 220 linguas e en España hai 4 oficiais (español, galego, vasco e catalán).
Existen 6 niveis de referencia (para los que hai que ter en conta as capacidades de ler, escribir, conversar, escoitar e falar):

A1: Descobremento da lingua
A2: Nivel de supervivencia
B1: Nivel umbral
B2: Nivel avanzado
C1: Nivel autonómico
C2: Dominio da lingua

Temos que ter en conta os seguintes termos: contexto, contidos, competencias (xerais ou comunicativas), textos, estratexias, tarefas (deben estar adaptadas as necesidades do alumnado e traballadas cunha metodoloxía adecuada) e actividades (recepción, produción, interación ou mediación).


·         Opinion personnelle
Moitas veces fóra da escola falo coas miñas amigas sobre os niveis das linguas, e ata agora non tiña claro a que correspondía o B1 e a que correspondía o B2. É importante coñecer que nivel teriamos con cada título en lingua estranxeira xa que o día de mañá, ter un bo nivel de lingua pode ser un factor decisivo á hora de obter traballo. Polo xeral, en Educación Infantil traballase o nivel A1, xa que os nenos aínda están entrando en contacto coas linguas, pero é bo coñecer que é o que corresponde a cada nivel.

Link do prezi: http://prezi.com/embed/chfkuh_e1tfh/


Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire