samedi 28 septembre 2013

Classes 17 et 24 septembre 2013

·         Résumé et  éclaircissements
Nestas dúas clases traballamos co prezi “Variables dans la situation d 'enseignement d'une langue étrangère”, onde as situacións de ensino dividíanse en  aprendizaxe precoz dunha lingua estranxeira (Desde o ano 2007 é obrigatorio ensinar inglés a partir dos 3 anos dúas veces por semana), español como lingua estranxeira (para os nenos que veñen de fóra) e ensino dunha materia integrada a una lingua estranxeira (EMILE/AICLE/CLIL, o que se fai nun 33%).
As variables son as características dos nenos, as características do establecemento e os obxectivos.
-          Características do aprendiz: idade e lingua inicial.
Idade
Aclaramos que a idade é un dos factores máis importantes que inflúen á hora de aprender unha lingua e que a idade ideal para entrar en contacto cunha lingua estranxeira é durante o primeiro ano de vida, sendo entre os 7 e os 9 anos unha idade crítica.

Lingua inicial
Neste apartado falamos to tipo de lingua segundo a súa estrutura:aglutinantes (alemán, latín, ruso) ou analíticas (francés, español), do concepto de interlingua y do concepto de error (non se deben estigmatizar para non prexudicar o desenrolo dos nenos nin fomentar o seu medo a equivocarse).

-          Características do establecemento: tipo de centro (públicos, concertados ou privados, segundo o tipo existen diferenzas na política da admisión, no sistema financeiro, etc), tradición pedagóxica (gramatical ou comunicativa) e relación entre o docente e o alumno (submisión ou participación do alumnado, sendo ideal unha relación equilibrada entre ditos extremos).

-          Obxectivos: obxectivos e necesidades, razóns polas que hai que marcar uns obxectivos e  obxectivos de ensino dunha lingua estranxeira.

·         Opinion personnelle

Nesta clase coñecín algo mais da lei, xa que eu non sabía que era obrigatoria dar inglés na Educación Infantil. A idade obrigatoria para comezar a aprender unha lingua estranxeira cambiou desde os 11 anos en 1970 ata os 3 anos (en Galicia) no ano 2007, pasando polos 8 anos en 1990 e os 5 anos en 2006. Dende o meu punto de vista, isto é un gran avance na educación, xa que canto antes comecemos a aprender unha lingua mellor será, aínda que habería que replantarse o método de ensino. Ademais, chamoume moito a atención o que falamos sobre as equivocacións, xa que antes de estudar esta carreira non pensara nas consecuencias que pode ter reprochar os erros. Estas dúas clase axudáronme a escoller os factores a avaliar da primeira tarefa.

Link do prezi: http://prezi.com/embed/y22jtvmnie97/


Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire